Cinema Circulante

Mostra Itinerante de Cinema
Galicia

Coloquio cineastas

Serán musical

Primeira edición de Cinema Circulante

21:00h

Actuación ao vivo do grupo de música popular Gure Terra.

Cara o final da tarde a veciñanza poderá gozar dun espazo musical que xira en torno ao imaxinario popular e á tradición.

Festival de Cinema

Gure Terra

Nun mundo no que predomina a tecnoloxía e a música dixital, Gure Terra chegan na súa máquina do tempo dende o pasado, para traer as cancións de moda daqueles tempos. O dúo está formado polo galego Daniel Pazos e a vasca Paula Díaz, polo que os seus espectáculos xiran en torno aos seus pasos pola contorna atlántica e cantábrica. Non faltan composicións propias, xa que estes viaxeiros do tempo fan tradición, no día a día, contando as vivencias da súa terra. Porque a música do pobo, é e será para o pobo.