Primeira edición de Cinema Circulante
17:30h
Obradoiro de creación cinematográfica para público infantil entre 8 e 12 anos cos cineastas Ángel Santos e Noemi Chantada.
1/7 TRABADA – Ángel Santos
2/7 CERVANTES – Ángel Santos
3/7 QUIROGA – Ángel Santos
4/7 RUBIÁ – Ángel Santos
5/7 A FONSAGRADA – Ángel Santos
6/7 MONTERREI – Noemi Chantada
7/7 CALVOS DE RANDÍN – Noemi Chantada
8/7 MASIDE – Noemi Chantada
9/7 CARBALLEDA DE AVIA – Noemi Chantada
10/7 BEARIZ – Noemi Chantada
Cineasta galego en activo desde 2002. É licenciado en Historia da Arte e diplomado en dirección cinematográfica polo Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya. É autor, entre outras, das curtametraxes Septiembre (2004), O Cazador (2008), M. (2017), Así vendrá la noche (2021) e a recoñecida longametraxe Las altas presiones (2014). Desde a súa produtora, Amateurfilms, desenvolve proxectos propios e alleos, acompañando a cineastas como Pablo García Canga, Santos Díaz ou Iván Castiñeiras. Como docente, está implicado dende hai unha década no proxecto de educación nas aulas Cinema en Curs. É cofundador de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, do cal foi director artístico durante as súas primeiras cinco edicións (2015-2019). Impartiu seminarios para universidades, centros de arte e festivais, participou como asesor en foros de desenvolvemento de proxectos do Festival de Málaga, MECAS de Las Palmas ou FIDBA de Bos Aires, e foi xurado en festivais internacionais como o FICX, Punto de Vista ou FICUNAM
Noemi Chantada cursa estudios de Imaxe e Son en Vigo, e completa a súa formación con diversos talleres na escola de Cine TV de San Antonio de los Baños, Cuba. Posteriormente continúa en constante reciclaxe con cursos e seminarios de distribución, pitch, dereitos xurídicos, financiamento de proxectos autorais… Traballa como directora de fotografía e cámara para axencias de publicidade e produtoras durante anos ata que en 2016 monta a Islandia, xunto o seu socio Oscar Pardo, coa intención de desenrolar proxectos mais persoais, comezando pola produción e dirección da curtametraxe documental La mujer invisible, seguida por Xoves de Comadres na que realiza os mesmos postos. Actualmente se atopa inmersa na produción da curta de imaxe real e animación Véxote, dirixida polo propio Oscar. Ademais, namorada da tarefa de dirección de actores, en 2022 comeza a dar pasos na dirección de casting na película O Corno do Centeo de Jaione Camborda.