Cinema Circulante

Mostra Itinerante de Cinema
Galicia

Coloquio cineastas

Cinema na rúa

Primeira edición de Cinema Circulante

22:30h

Proxección de curtametraxes galegas ao aire libre.

Aproveitando o bo tempo desta época do ano, proxectarase en cada vila unha coidada selección de curtas de produción galega de temática variada.

Cinema galego

XOVES DE COMADRES

NOEMI CHANTADA – 2020
GALICIA – 18min

O seu mundo era xa como un formigueiro baleiro, unha colmea case seca á que chega un grilo bulicioso.

Curtametraxes galegas

ROMPENTE

ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN – 2022
GALICIA – 25min

Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.

Curtametraxes galegas

ASÍ VENDRÁ LA NOCHE

ÁNGEL SANTOS – 2021
GALICIA – 14min

Pablo é escultor, retirouse a unha apartada zona rural da costa galega. Andrea vive en Canadá, onde traballa como lectora de literatura nunha universidade. De paso por España, acompañando á súa parella durante unha residencia de escritura, Andrea decide enviar unha longa mensaxe a Pablo, ao que non ve hai meses, a modo de carta longa ou de noveliña do século XXI.

Curtametraxes galegas

EINSTEIN-ROSEN

OLGA OSORIO – 2017
GALICIA – 9min

Verán do 82. Teo asegura que topou un buraco de verme. O seu irmán, Óscar, non lle cre. Polo menos, non polo de agora.