Cinema Circulante

Mostra Itinerante de Cinema
Galicia

Coloquio cineastas

Baixo as estrelas

Primeira edición de Cinema Circulante

00:00h

Coloquio aberto coa participación dos cineastas Ángel Santos e Noemi Chantada.

Tras a proxección, contaremos coa presenza de Ángel Santos durante as primeiras cinco xornadas do festival e con Noemí Chantada nas cinco restantes, para participar nunha conversa co público sobre os filmes visionados.

Festival Cinema Galicia

Ángel Santos

Cineasta galego en activo desde 2002. É licenciado en Historia da Arte e diplomado en dirección cinematográfica polo Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya. É autor, entre outras, das curtametraxes Septiembre (2004), O Cazador (2008), M. (2017), Así vendrá la noche (2021) e a recoñecida longametraxe Las altas presiones (2014). Desde a súa produtora, Amateurfilms, desenvolve proxectos propios e alleos, acompañando a cineastas como Pablo García Canga, Santos Díaz ou Iván Castiñeiras. Como docente, está implicado dende hai unha década no proxecto de educación nas aulas Cinema en Curs. É cofundador de Novos Cinemas, Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, do cal foi director artístico durante as súas primeiras cinco edicións (2015-2019). Impartiu seminarios para universidades, centros de arte e festivais, participou como asesor en foros de desenvolvemento de proxectos do Festival de Málaga, MECAS de Las Palmas ou FIDBA de Bos Aires, e foi xurado en festivais internacionais como o FICX, Punto de Vista ou FICUNAM

Festival Cinema Galicia

Noemi Chantada

Noemi Chantada cursa estudios de Imaxe e Son en Vigo, e completa a súa formación con diversos talleres na escola de Cine TV de San Antonio de los Baños, Cuba. Posteriormente continúa en constante reciclaxe con cursos e seminarios de distribución, pitch, dereitos xurídicos, financiamento de proxectos autorais… Traballa como directora de fotografía e cámara para axencias de publicidade e produtoras durante anos ata que en 2016 monta a Islandia, xunto o seu socio Oscar Pardo, coa intención de desenrolar proxectos mais persoais, comezando pola produción e dirección da curtametraxe documental La mujer invisible, seguida por Xoves de Comadres na que realiza os mesmos postos. Actualmente se atopa inmersa na produción da curta de imaxe real e animación Véxote, dirixida polo propio Oscar. Ademais, namorada da tarefa de dirección de actores, en 2022 comeza a dar pasos na dirección de casting na película O Corno do Centeo de Jaione Camborda.

Skip to content