Cinema Circulante

Mostra Itinerante de Cinema
Galicia

Coloquio cineastas

Cinema e memoria

Primeira edición de Cinema Circulante

18:30h

Proxección e coloquio dedicado ás nosas e aos nosos maiores.

A través da proxección de tres pezas de realizadoras e realizadores galegos xeraremos unha conversa sobre as lembranzas e vivencias das e dos asistentes. Arredor do cinema construiremos, desta forma, un diálogo interxeracional froito do patrimonio e da historia viva da nosa terra.

Cinema circulante

O CARRO E O HOME

ANTONIO FERNÁNDEZ ROMÁN – 1945
GALICIA – 12min

O carro representa máis ca un transporte de traballo na Galicia rural. Formaba parte do traballo, da cultura, da paisaxe e do lecer dos labregos. Deste xeito, móstrase o ciclo de vida dun carro desde a súa construción ata a súa “morte”, ademais doutras tarefas da vida cotiá da aldea como a trilladura ou a confección do liño.

Cinema circulante

MATRIA

ÁLVARO GAGO – 2017
GALICIA – 21min

Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.

Cinema circulante

AS VACAS DE WISCONSIN

SARA TRABA – 2016
GALICIA – 16min

Señora e Vaca son amigas. Vaca xa non dá leite porque é moi vella, coma Señora. Señora descobre que en Wisconsin as vacas que escoitan música sinfónica dan máis leite. Por que non vai acontecer o mesmo coa súa amiga?